martes, 24 de abril de 2018

Día do libro


 Esta vez puxémonos nostálxicas. Para celebrar o Día do Libro rescatamos exemplares antigos dos nosos fondos. Unha maravilla difícil de atopar hoxe en día.
(Gracias a Fran, o noso orientador, por estas fotos tan vintage).







luns, 9 de abril de 2018

Torneo de xadrez



Organizado pola Biblioteca, o Departamento de Normalización Lingüística e coa colaboración da Federación Galega de Xadrez celebrouse o pasado marzo o primeiro Torneo de Xadrez IES a Guía.
Tivemos afluencia masiva e ambientazo nos recreos. 




 A cousa estivo reñida pero finalmente aquí están os tres primeros clasificados:

Xaquin Amiama de 4º ESO A

Anxo Abandonado de 2º de Bach. B

Matías Ezequiel Calabresi


 Noraboa a todos!



martes, 6 de marzo de 2018

Mulleres que sempre estiveron


Dende a Biblioteca quixemos facer unha homenaxe a mulleres importantes de todas as épocas: escritoras, xornalistas, científicas, pintoras, deportistas, músicas, activistas, inxeñeiras, médicas...
Mulleres que, a pesar dos seus logros, quedaron esquecidas ou borradas da Historia. Este é un xeito de lembralas  e visibilizar o seu traballo.
As siluetas anónimas que verás espalladas polo centro mostran detrás a identidade de todas elas.









xoves, 1 de febreiro de 2018

martes, 12 de decembro de 2017

As maravillas da biblioteca

“Aún puedo recordar la disposición,incluso donde estaban ciertas secciones de los libros, los olores y los sonidos. El recuerdo de la biblioteca de mi barrio, aún tiene un sentimiento mágico para mí, este tipo especial de santuario lleno de conocimiento, lleno de historias, todo cubierto de una sensación de tranquila respeto y ensueño”, recorda Jason Motte, director da curtametraxe que vos deixamos aquí. Unha boa maneira de achegarse ás bibliotecas, á escritura, ao amor e tamén á tristeza do paso do tempo.

The Library (A Biblioteca) é a historia de Emily, unha nena de 13 anos, que acude á biblioteca todos os días despois da escola. Un día comeza a recibir notas misteriosas. Ela pensa que pode tratarse dun admirador segredo, se cadra un dos dous rapaces cos que coincide regularmente. As notas corresponden a pasaxes románticos dos vellos libros que vai descubrindo nos andeis . Emily repite estas pasaxes con emoción contida, agardando recibir cada día unha nova nota.