domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020.




En tempos de pandemia e confinados nos nosos fogares, non podemos deixar de celebrar a primavera das letras. Este ano dedicámoslle o día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, crítico literario, filólogo, historiador da literatura galega, lingüista, novelista e o primeiro catedrático da Lingua e Literatura Galega da Universidade de Compostela. Cultivou todos os xéneros literarios con brillantez. No entanto, foi a poesía o xénero co que se iniciou na literatura e que practicou ao longo de toda a súa vida. Considerouse a si mesmo como escritor e ante todo poeta.


Unha das frases célebres de Carvalho Calero di así:

“Eu desexaría unhas
primaveras nas que
florescese sen receios
a unidade e variedade
do noso idioma e da nosa
cultura”.

Ogallá o seu desexo se cumpra!!! Por iso, este 17 de maio imos ler a carta aberta a Ricardo Carvalho Calero de María do Pilar García Negro que di:  Somos galegas e galegos. A mellor forma de que esta condición se exteriorice, de que non se disimule, de que se admita coa necesaria naturalidade e orgullo, é a práctica da nosa lingua.

 

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020





Benvidos ó noso blog da biblioteca para celebrar  un DÍA DO LIBRO 2020 moi especial, porque non estamos preto fisicamente uns dos outros, e con  todo, sentimos que a través dos libros podemos viaxar xuntos, soñar xuntos e voar lonxe das nosas casas.

 Se alguén sabe o que é estar confinada, esa é a nosa alumna de 4º ESO, NOEMÍ PIÑEIRO SILVA. Enviounos  esta fermosa montaxe e non nos queda outra que publicala e compartila con todos vós, porque se ela pode quedar na casa, nós tamén podemos. E que mellor compañía que todos eses libros que seguro levan agardando tanto tempo a que lles botedes unha ollada e vos mergullades nas súas apaixoantes páxinas. 

Grazas Noemí, por ler tanto e soñar tanto. Botámoste de menos.
É a vós, tamén vos botamos de menos. Xa queda pouco. Mentres tanto, quedade na casa. Dende o equipo da biblioteca de IES A GUÍA, desexamos que tanto vós coma as vosas familias esteades ben.  




(Vídeo cedido polo Departamento de Lingua Castelá. )






mércores, 4 de marzo de 2020

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.









Dende a biblioteca do teu instituto convidámosche a que te animes a ler algunha das nosas propostas de libros cos que queremos conmemorar o día internacional da muller. 





8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

luns, 17 de febreiro de 2020

NOVA QUEDADA CLUB DE LECTURA: REINO DE MAnGUÍA.





 Se che gusta o MANGA ou estás interesado/a en
achegarte a este tipo de literatura: Non o dubides!
Vén a compartir connosco a vindeira sesión do Club
de Lectura, aquí, no “Reino de MAnGUÍA”
Nesta sesión atoparémonos con Madoka, Sayaka Miki
e outras Magical Girls nun universo moito máis
escuro do que ti cres.










 
 

Luns 9 de marzo de 2020 ás 15:00
Biblioteca I.E.S. A Guía

xoves, 30 de xaneiro de 2020

XORNADA CLUB DE LECTURA

 O pasado luns 27 de xaneiro celebramos na nosa biblioteca unha nova xornada do club de lectura, compartindo as nosas reflexións sobre o libro JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA de Ledicia Costas.










Deixámosvos algunha foto da xuntanza.


luns, 27 de xaneiro de 2020

XADREZ NA BIBLIOTECA



 
Coa chegada do novo ano retomamos o xadrez na nosa Biblioteca e como novidade, este curso, decidimos contar coa colaboración dun monitor do Club de Xadrez de Mos, para iniciación e perfeccionamento do noso alumnado.




 



 O VERNES 24 DE XANEIRO tivemos a primeira quedada co noso monitor e disfrutamos dunha clase moi interesante para iniciarnos neste apaixoante xogo.






luns, 16 de decembro de 2019

No Nadal arreMANGAte ao calor da lectura





Non te esquezas de pasar pola biblioteca do teu instituto antes das vacacións de Nadal a levarche un dos exemplais de Manga que temos preparados para ti. 

No Nadal arreMANGAte ao calor da lectura.  

Dende o equipo da biblioteca do teu instituto desexámoste FELICES FESTAS. 




xoves, 5 de decembro de 2019

CLUB DE LECTURA: JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA.

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. ¿Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?

 

 

 Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.

 

Se che apetece pasear co afamado escritor polas rúas de Vigo....


Non te podes perder a nosa próxima quedada do club de lectura.



Club de Lectura
Luns 27 de xaneiro de 2020

xoves, 28 de novembro de 2019

CLUB DE LECTURA

O pasado luns 25 de novembro celebramos a nosa primeira reunión do club de lectura deste curso. Como xa sabedes o libro proposto para esta data foi "El guardián entre el centeno". Despois de comer xunt@s na cafetería do centro, reunímonos na Biblioteca para compartir a incrible experiencia de acompañar a Holden Caulfield polas rúas de New York.
 Esperamos contar coa túa presenza na seguinte convocatoria do club de lectura onde propoñemos a lectura de "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" da viguesa Ledicia Costas.




luns, 18 de novembro de 2019

ALBUM ILUSTRADO

Nas pasadas semanas a biblioteca organizou charlas e lecturas sobre o albúm ilustrado con grupos de alumnos de 3º, 4º e 1º bacharelato.

O formato tivo moito éxito entre os nosos alumnos e dentro de pouco o teremos na nosa biblioteca.

Deíxovos algunhas fotos da actividade.





luns, 4 de novembro de 2019

CELEBRAMOS SAMAÍN NA BIBLIOTECA




Dende o luns 28 de outubro celebramos Samaín na nosa biblioteca poñendo a vosa disposición unha chea de lecturas terroríficas, tales coma a coñecida Escarlatiña, a cociñeira defunta, os míticos Drácula e Frankenstein ou as Narraciones de Edgar Allan Poe.