luns, 28 de xuño de 2021

RECOMENDADOS PARA O VERÁN

 


Despois dun ano intenso  condicionado pola pandemia que estamos a vivir,  chegamos ata aquí. Dende o equipo da biblioteca recomendámosvos estas lecturas para que vos relaxedes en verán. Unha aperta e feliz descanso. 

 

Las doncellas. Alex Michaelides.

Todo Mafalda. Quino. 

A proba da auga. 

El olvido que seremos. Héctor Abad Faciolince. 

Negra. Emilie Plateau.

O infinito nun xunco. Irene Vallejo.

Unha noite no tren da vía láctea. Kenji Miyazawa. 

Cartas de las heroínas. Ovidio.

Palestina. Joe Sacco.

Los miserables. Victor Hugo. 


 Esperamos que vos gusten as nosas recomendacións. Xa sabedes que se queredes viaxar sen saír da casa, unha boa forma de facelo é mergullarse na lectura dun bo libro.

 





O EQUIPO DA BIBLIOTECA do IES A GUÍA deséxavos unhas felices vacacións.
 

Voltamos en septembro.



mércores, 23 de xuño de 2021

CONCURSO TRAILER LITERARIO

 


As nosas gañadoras do  concurso de Trailer Literario foron:


CATEGORÍA ESO.


1º PREMIO: Carmela García Losada ( 1º ESO A)


2º PREMIO: Yara Fernández Agudín e Claudia Paz Rodríguez. ( 1º ESO B)



CATEGORÍA: BACHARELATO. 


1º PREMIO: Andrea García Gómez. ( 1º BAC B)




2º PREMIO: Paula Martínez Jiménez e María José Cruz Gómez ( 1º BAC A)



3º PREMIO: Antía Salvatore Ochoa e Sara Somoza Peleteiro ( 1º BAC A)




venres, 14 de maio de 2021

STOP LGTBIFOBIA.

 

 

 


 

O Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia, celébrase o 17 de maio de cada ano para denunciar a discriminación da cal son obxecto todas as persoas con preferencias sexuais diferentes ás convencionais como é o caso dos homosexuais, os transexuais, os bisexuais, as lesbianas e os queers en todo o mundo.



 

 

 

En 2021, o tema elixido para a campaña é "Xuntos: resistindo, apoiando,sanando", nunha clara referencia ao contexto actual de recuperación da pandemia de COVID-19.




Desde o equipo da biblioteca promovemos a tolerancia e a non discriminación destes colectivos e convidámosche a que visites o noso recuncho. Temos unha exposición preparada para ti.

 

 

STOP LGTBIFOBIA.

LETRAS GALEGAS 21: XELA ARIAS.

   
Xela Arias, a poeta rebelde que derrubou convencións para construír a súa independencia.
 
 

 

Compártome
Sei que no lonxe das parábolas das frases
Cortadas e os puntos a parte son só
Medos escorrentados polo teu corpo
Soberano dunha idea poderosa que
Tal vez suceda e eu non saiba quen es ti
Cando te agardo.

—Xela Arias, Denuncia do equilibrio (1986, Xerais).

 
 
 
 

Dei volta e preferín
beber
pola cidade adiante, nas horas á noite,
mentres ti morres cando dormes.

—Xela Arias, Tigres coma cabalos (1990, Xerais).

 

 





 
  Deuse a coñecer en 1986 con 'Denuncia do equilibrio', finalista do Premio Losada Diéguez. Tamén foi finalista do Premio Esquío con ' Lili sen pistolas', un libro que aínda hoxe permanece inédito. Posteriormente publicou 'Tigres coma cabalos' (1990), 'Darío a diario' (1996) e ' Intempériome' (2003). Ademais, participou en libros colectivos como 'Palabra de muller' (1992), 'Rosalía na palabra de once poetas galegas' (1997) e ' Daquelas que cantan' (Fundación Rosalía de Castro, 2000).  


DARÍO A DIARIO

Darío a diario.

Invasión que se me convén fantástica.

Invasión sen ocasión.

Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns,

de roupiñas pequenas e xoguetes de colores,

de risas, choros,agarimos,agarimos.

Darío a diario.

A túa man ocupa un cuarto da miña xigante,

por iso detesto un pouco tantas palabras.

Todas para ti, ¡son a raíña parlante!,

¡emperatriz de sons guturais en diante!

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.

Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.

Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.

Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.

Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.

Tódalas nais son eu e todas,coma min, saben que es único.

 





luns, 3 de maio de 2021

O RECUNCHO DE...ÁLBUM ILUSTRADO

 

 

 

 

 

 Convidámosche a que nos visites na biblioteca do teu instituto para amosarche o noso recuncho. 

Temos  unha nova exposición preparada para ti sobre ÁLBUM ILUSTRADO. 


 

 

 

 

 

Lembra que podes coller o libro que queiras e levalo para a túa casa durante 15 días. 






¡ VISÍTANOS! 

BIBLIOTECA IES A GUÍA.


venres, 30 de abril de 2021


	
	
	

“Género Queer”

Maia Kobabe narra nesta autobiografía catártica o que significa ser non binario e
asexual. A viaxe para descubrir a súa verdadeira identidade na que relata a confusión
dos amores adolescentes, a loita por saír do armario, os amigos que fixo escribindo
fanfiction gay ou o trauma de ir ao xinecólogo.
Género Queer é algo máis que a súa historia, é unha guía esencial sobre xénero para
aliados, amigos e humanos en todas partes.

Maia Kobabe graduouse no California College of the Arts cunha licenciatura en banda
deseñada. 
Con Gender Queer gañou un premio Alex, o Stonewall Book Award e foi nomeada
a outros premios. Maia non é binario, queer e usa o pronom

venres, 23 de abril de 2021

23 de abril. Día do libro.

 

 

 

O equipo da biblioteca do IES A Guía celebra o día do libro. Este ano, se cabe, con mais énfase, tendo en conta que son poucas as cosas que podemos celebrar con vós. 

Inaguramos unha exposición temporal de novela policíaca no noso recuncho. Convidámosvos a que a visitedes. Estes e mais títulos están esperando por vós, para que a paixón pola lectura  non  decaia. 

 


xoves, 18 de marzo de 2021

HORA DE LER NA CARBALLEIRA DA GUÍA

 Hoxe parte da nosa rapazada foi  ó Monte da Guía a facer a súa Hora de Ler en contacto coa natureza. Hai algún sitio mellor para mergullarse na lectura dun apaixoante libro? Estas son algunhas das vantaxes de ter o instituto tan preto desta fermosa carballeira. 

Qué vos parece a iniciativa? Repetimos?





luns, 15 de marzo de 2021

CLUB DE LECTURA MANGA

Reika e Yoko son dúas gamers que pululan por un edificio enorme pero...

Por que elas representan a única esperanza para a humanidade?

Conseguirán este par de heroínas descifrar a mensaxe de Tatami e regresar ao mundo real?

Se queres atopar a resposta a todas estas preguntas...

Vén connosco a club de lectura!

Proximamente na biblioteca durante a hora de ler!!!

 

 


 

luns, 8 de marzo de 2021

8M: DÍA DA MULLER TRABALLADORA.


8 de marzo de 2021

Seguimos na necesidade de loitar pola igualdade. Por iso, o Equipo da Biblioteca tamén celebra o Día Internacional da Muller.

venres, 5 de marzo de 2021

CONCURSO SAN VALENTÍN.



 

Cartel do concurso.

 Este ano, fixemos un concurso diferente. Se pedía enviar unha mensaxe de amor pero nun formato TIC.  Seguro que non será o último concurso de este ano, asi que estade atentos porque dende o equipo da biblioteca imos facer cousas moi interesantes para vós. 

O venres fixemos entrega dun Accésit a ALBORADA REINO, alumna de 3º da ESO. Ela xa ten claro o libro que quere ler, así que mercarémosllo para agradecerlle a súa participación no concurso.