mércores, 31 de outubro de 2018

Drácula naceu nunha biblioteca

Libros consultados por Bram Stoker

Facémonos eco, neste Samaín, dunha descuberta fantástica da London Library. Apareceron os libros que Bram Stoker consultou na biblioteca para documentarse e escribir un dos clásicos de terror de todos os tempos: Drácula. Se trata de libros moi diversos sobre xeografía dos Cárpatos, lendas populares de Transilvania, mitos e supersticións da Idade Media...

Papeleta de solicitud dun libro coa firma de Stocker

Como vedes, os grandes autores da literatura tamén facían uso das bibliotecas. Eiquí vos deixo o enlace por se queredes ler o artigo enteiro (e de paso practicar un pouco de inglés).
Inclúe un vídeo do director da biblioteca explicando esta fascinante descuberta.


martes, 23 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas


Esta semana celebramos o Día Internacional das Bibliotecas cun reto que continuará durante todo o trimestre. Lede con atención e moita sorte!



domingo, 30 de setembro de 2018

HORA DE LER


Lembrade que en outubro comenza a HORA DE LER. Tedes o calendario pendurado na cortiza da vosa aula.


xoves, 20 de setembro de 2018

Arranca o novo curso!


Benvidos e benvidas ao novo curso 2018-19!. 
Xa estamos en marcha coa formación de usuarios para o alumnado novo no centro. Aquí deixo o noso díptico onde atoparedes toda a información necesaria para disfrutar dos nosos fondos.






mércores, 16 de maio de 2018

Pergamiño Vindel

O alumnado de 3º e 4º da ESO  IES A GUÍA  quixo render unha homenaxe e ó mesmo tempo despedirse desta xoia literaria e musical, que estivo connosco ata hai uns días : O PERGAMIÑO VINDEL
Con este motivo desenvolveuse unha actividade interdisciplinar na biblioteca do noso centro na que participaron:Música, Artes Escénicas, Lingua e Literatura Galega, Xeografía e Historia e Educación Plástica. Logo de ambientar o espazo ó estilo da época con libros e pendóns, traballado en Plástica, trasladámonos á historia de Vigo da Idade Media e deseguido explicouse, desde o punto de vista lingüístico e literario, a orixe do pergamiño e a temática e forma das cantigas de amigo do noso trobador Martin Codax.  Os alumnos/as de Música e  Artes Escénicas achegaron información desde o punto de vista musical, interpretaron unha das cantigas e bailaron unha danza medieval. Para rematarmos o acto, os nosos alumnos convertéronse por un momento en xograres e leron dúas cantigas orixinais e outras realizadas por eles mesmos.




martes, 15 de maio de 2018

Concurso Día do Libro 2018



Pedro Castro de 4º do ESO A foi o gañador do Concurso de carteis que organizamos o Día do Libro para proponer e recomendar unha lectura. A sus elección foi  Frahrenheit 451 de Ray Bradbury


Deixamos tamén os outros finalistas