luns, 16 de decembro de 2019

No Nadal arreMANGAte ao calor da lectura





Non te esquezas de pasar pola biblioteca do teu instituto antes das vacacións de Nadal a levarche un dos exemplais de Manga que temos preparados para ti. 

No Nadal arreMANGAte ao calor da lectura.  

Dende o equipo da biblioteca do teu instituto desexámoste FELICES FESTAS. 




xoves, 5 de decembro de 2019

CLUB DE LECTURA: JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA.

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. ¿Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?

 

 

 Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.

 

Se che apetece pasear co afamado escritor polas rúas de Vigo....


Non te podes perder a nosa próxima quedada do club de lectura.



Club de Lectura
Luns 27 de xaneiro de 2020

xoves, 28 de novembro de 2019

CLUB DE LECTURA

O pasado luns 25 de novembro celebramos a nosa primeira reunión do club de lectura deste curso. Como xa sabedes o libro proposto para esta data foi "El guardián entre el centeno". Despois de comer xunt@s na cafetería do centro, reunímonos na Biblioteca para compartir a incrible experiencia de acompañar a Holden Caulfield polas rúas de New York.
 Esperamos contar coa túa presenza na seguinte convocatoria do club de lectura onde propoñemos a lectura de "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" da viguesa Ledicia Costas.




luns, 18 de novembro de 2019

ALBUM ILUSTRADO

Nas pasadas semanas a biblioteca organizou charlas e lecturas sobre o albúm ilustrado con grupos de alumnos de 3º, 4º e 1º bacharelato.

O formato tivo moito éxito entre os nosos alumnos e dentro de pouco o teremos na nosa biblioteca.

Deíxovos algunhas fotos da actividade.





luns, 4 de novembro de 2019

CELEBRAMOS SAMAÍN NA BIBLIOTECA




Dende o luns 28 de outubro celebramos Samaín na nosa biblioteca poñendo a vosa disposición unha chea de lecturas terroríficas, tales coma a coñecida Escarlatiña, a cociñeira defunta, os míticos Drácula e Frankenstein ou as Narraciones de Edgar Allan Poe. 




luns, 28 de outubro de 2019

24 outubro: Día das bibliotecas escolares.















O pasado 24 de outubro celebramos no noso centro o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR.











 Repartimos este marcapáxinas entre toda a comunidade educativa cunha preciosa poesía de Gemma Pasqual e unha chea de caramelos.

xoves, 24 de outubro de 2019

JAVIER CERCAS. TERRA ALTA. PREMIO PLANETA 2019








Era un home xusto, o mundo non. Terra Alta, un thriller impactante.

Un terrible crime sacude a tranquila rexión da Terra Alta: os propietarios da súa maior empresa, Graphics Adell, son asasinados despois de ser sometidos a torturas. Melchor Marín, un novo policía e lector voraz chegado de Barcelona hai catro anos, é o responsable do caso, cun pasado escuro a remolque que lle converteu en lenda do corpo e que cre ter enterrado baixo a súa feliz vida como marido do bibliotecario de cidade e pai dunha nena chamada Cosette, como a filla de Jean Valjean, a protagonista da súa novela favorita: The Miserable.
Partindo dese acontecemento e a través dun emocionante e cheo de personaxes memorables, esta novela convértese nunha lúcida reflexión sobre o valor da lei, a posibilidade de xustiza e a lexitimidade da vinganza, pero especialmente na épica dun home en busca do seu lugar no mundo.



Javier Cercas Mena ( Ibahernando, Cáceres, 1962) é un escritor español, que ademais traballa como columnista no diario El País. Exerceu durante anos como docente universitario de Filoloxía. A súa obra é fundamentalmente narrativa, e caracterízase pola mestura de xéneros literarios, o uso da novela testemuño e a mestura de crónica e ensaio con ficción. Tamén realizou diversas traducións de obras doutros autores.

A partir da súa exitosa novela Soldados de Salamina, a súa obra foi traducida en máis de vinte países, e a máis de trinta idiomas.

xoves, 17 de outubro de 2019

SE BUSCAN VOLUNTARIOS/AS PARA A BIBLIOTECA.



¿Queres ser voluntario/a da nosa biblioteca? Poderás facer suxerencias de lecturas, axudar no préstamo de libros e na ordenación das estanterías... Anímate a vir e formar parte activa do equipo de  biblioteca do teu instituto. 





REUNIÓN INFORMATIVA: VENRES, 25 DE OUTUBRO ÁS 11:30.
LUGAR: BIBLIOTECA IES A GUÍA.