martes, 21 de decembro de 2021
xoves, 16 de decembro de 2021
EXCURSIÓN CAPITAŃ NEMO
xoves, 9 de decembro de 2021
GAÑADORAS CONCURSO CONTOS DE MEDO SAMAÍN
xoves, 25 de novembro de 2021
25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
xoves, 28 de outubro de 2021
SAMAÍN
domingo, 24 de outubro de 2021
24 outubro: Día das Bibliotecas
mércores, 6 de outubro de 2021
O RECUNCHO DE... BIOGRAFÍAS.
martes, 5 de outubro de 2021
Xa estamos de volta...
luns, 28 de xuño de 2021
RECOMENDADOS PARA O VERÁN
Despois dun ano intenso condicionado pola pandemia que estamos a vivir, chegamos ata aquí. Dende o equipo da biblioteca recomendámosvos estas lecturas para que vos relaxedes en verán. Unha aperta e feliz descanso.
Las doncellas. Alex Michaelides.
Todo Mafalda. Quino.
A proba da auga.
El olvido que seremos. Héctor Abad Faciolince.
Negra. Emilie Plateau.
O infinito nun xunco. Irene Vallejo.
Unha noite no tren da vía láctea. Kenji Miyazawa.
Cartas de las heroínas. Ovidio.
Palestina. Joe Sacco.
Los miserables. Victor Hugo.
O EQUIPO DA BIBLIOTECA do IES A GUÍA deséxavos unhas felices vacacións.
Voltamos en septembro.
mércores, 23 de xuño de 2021
CONCURSO TRAILER LITERARIO
As nosas gañadoras do concurso de Trailer Literario foron:
CATEGORÍA ESO.
1º PREMIO: Carmela García Losada ( 1º ESO A)
2º PREMIO: Yara Fernández Agudín e Claudia Paz Rodríguez. ( 1º ESO B)
CATEGORÍA: BACHARELATO.
1º PREMIO: Andrea García Gómez. ( 1º BAC B)
2º PREMIO: Paula Martínez Jiménez e María José Cruz Gómez ( 1º BAC A)
3º PREMIO: Antía Salvatore Ochoa e Sara Somoza Peleteiro ( 1º BAC A)
venres, 14 de maio de 2021
STOP LGTBIFOBIA.
O Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia,
celébrase o 17 de maio de cada ano para denunciar a discriminación da
cal son obxecto todas as persoas con preferencias sexuais diferentes ás
convencionais como é o caso dos homosexuais, os transexuais, os
bisexuais, as lesbianas e os queers en todo o mundo.
En 2021, o tema elixido para a campaña é "Xuntos: resistindo, apoiando,sanando", nunha clara referencia ao contexto actual de recuperación da pandemia de COVID-19.
Desde o equipo da biblioteca promovemos a tolerancia e a non
discriminación destes colectivos e convidámosche a que visites o noso
recuncho. Temos unha exposición preparada para ti.
STOP LGTBIFOBIA.















