mércores, 9 de marzo de 2022

8M: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

A historia deste día remóntase máis de 100 anos atrás, concretamente o 8 de marzo de 1875 en Estados Unidos, como recolle Nacións Unidas na súa páxina web. Nesa xornada, centos de traballadoras téxtiles coñecidas como "garment  workers" dunha fábrica de Nova York manifestáronse buscando a igualdade salarial respecto a os seus compañeiros homes e unha mellora das súas condicións laborais.

 Lamentablemente, 120 traballadoras foron asasinadas a mans da policía. Con todo, este masacre serviu para que en 1877 creásese o primeiro sindicato feminino da historia.


Non foi ata 1908 cando ocorrería outro dos acontecementos máis importantes da loita feminista. 

15.000 mulleres traballadoras saíron ás rúas de Nova York baixo o lema de 'Pan e Rosas' contra as xornadas interminables, as condicións inhumanas e os penosos salarios.


O 25 de marzo de 1911, sucedeu o que a Organización Internacional do Traballo ( ILO) cualifica como o desastre industrial con máis vítimas mortais da cidade de Nova York. 146 traballadoras morreron nun gran incendio na fábrica téxtil  Triangle  Shirtwaist por mor de derrubes, queimaduras e intoxicación por fume. 

 O movemento  chegou tamén a Europa. Concretamente foi en 1910 na II Conferencia Internacional de Mujeres Socialistas de Copenhague. Ao evento asistiron máis de 100 mulleres de diferentes países, entre elas Clara  Zetkin, política implicada na loita pola igualdade. Foi ela quen lanzou a proposta, aprobada por unanimidade, de conmemorar o Día da Muller no mes de marzo co obxectivo de lograr o sufraxio feminino.

En España, non foi ata 1977 cando tivo lugar a primeira manifestación feminista denunciando a desigualdade de dereito entre sexos así como outras cuestións sociais: despenalización do aborto, liberdade sexual ou maternidade.



venres, 11 de febreiro de 2022

11 FEBRERO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

 


A ONU no ano 2015 declarou o 11 de febreiro coma o "Día internacional da muller e a nena na ciencia". 

 Os principios que se defenden neste día serían: 

  •  As mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía, e a súa participación debe fortalecerse. 
  •  É necesario seguir visualizando e difundindo o traballo das científicas e fomentar a vocación investigadora das nenas.
  • Hai que seguir poñendo en valor o traballo das mulleres científicas, mostrándoas como referentes para as novas xeracións de mozas.
  • É preciso lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, acadando a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas neste ámbito.
  • Hai que manter a loita contra os prexuízos e os estereotipos de xénero na ciencia e a tecnoloxía que condicionan e limitan os estudos das nenas.
  • Débese seguir avanzando na incorporación efectiva dos criterios de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación para conseguir un verdadeiro cambio de paradigma no mundo científico.                          

 Dende o Equipo da Biblioteca do Ies A Guía queremos felicitar a todas as nosas científicas.

ÁNIMO CHICAS.

xoves, 10 de febreiro de 2022

EU TAMÉN ESTUDEI NA GUÍA. ANTONIO DURÁN "MORRIS"

 

Morris é un actor cunha longa experiencia interpretativa no teatro, no cine, e é un dos rostros mais coñecidos das producións audiovisuais galegas. 

 

Foi actor e presentador en diversos programas da TVG desde que esta comezou as súas emisións nos anoa 80. En Galicia fíxolle especialmente popular o seu papel de Antón Santos na serie Pratos combinados, personaxe que interpretou durante mais dunha década, e o do alcalde Delmiro Ferreira en Padre Casares

 

 

 

 

Traballou en en ducias de obras de teatro desde 1978, especialmente para o Centro Dramático Galego e para la compañía Artello, da que foi fundador. 

 

 

 

 

 

Participou en varios anuncios publicitarios, series de televisión e películas. 

 


 

 

Grazas Morris por vir. Esta é a túa casa. 




mércores, 19 de xaneiro de 2022

BIBLIOTECA DE CLÁSICOS PARA USO DE MODERNOS


Este mes, no recuncho da nosa biblioteca te espera unha selección de libros para que te inicies nos clásicos.

 


 
 
 
 
 
 
Ler aos clásicos supón beber directamente das fontes da nosa cultura, dos referentes que inspiraron a obra dos grandes creadores actuais, tanto na literatura como no cinema, a arte ou a investigación. 
 
 
 
 
 
 
 
Sobre todo, merece a pena lelos porque, independentemente da época na que se escribiron, son libros que nos fan gozar lendo, que iluminan nosa propia experiencia cunha luz interior nova, que nos axudan a entendernos mellor a nós mesmos e aos demais. 

 



                      

                   

 BIBLIOTECA IES A GUÍA.

 






xoves, 16 de decembro de 2021

EXCURSIÓN CAPITAŃ NEMO

O club de lectura guiado polo Capitán Nemo fixo unha excursión pola nosa cidade percorrendo os espazos de Vigo que frecuentaba Jules Verne. Temos as fotos. Disfrutádeas.
CAPITÁN NEMO
BANCO DOS CONTOS

xoves, 9 de decembro de 2021

GAÑADORAS CONCURSO CONTOS DE MEDO SAMAÍN

Dende o equipo da Biblioteca fixemos entrega dos premios do Concurso de Contos de Medo de Samaín. As nosas gañadoras foron OLIVIA AGUILERA RESTIVO de 1º ESO e NAYRA DOURAL DOMINGUEZ de 1º BAC.

xoves, 25 de novembro de 2021

25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Defínese a violencia de xénero , “como a manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres”, e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.”
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres celébrase o 25 de novembro en recordo do asasinato das irmás Mirabal, coñecidas como ‘LAS MARIPOSAS’, tres activistas dominicanas contra o réxime de Rafael Trujillo no ano 1960.
Sería posteriormente, en 1999, cando a ONU pedise que o 25 de novembro fose recoñecido en todo o mundo como unha xornada de reivindicación en contra da violencia de xénero.
Dende o Equipo da Biblioteca do IES A Guía unímonos a cadea de repulsa contra calqueira forma de violencia de xénero. Pensamos que xa abonda de minutos de medo, de humillación, de dor e de silencio. Temos dereito a que todos os minutos sexan de liberdade, de felicidade, de amor e de vida. Non queremos ser cómplices de situacións de violencia de xénero senón gardiáns das vítimas. NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO.

xoves, 28 de outubro de 2021

SAMAÍN

Achégase a noite do 31 de outubro. O Samaín forma parte da tradición máis enraizada e enxebre da nosa terra.
Eran os druídas os encargados de celebrar a festa celta para honrar aos devanceiros, a través de numerosos ritos.
Moito antes de que nas hortas galegas houbese cabazas, en Samaín as poboacións célticas collían as caveiras dos seus inimigos mortos na batalla e iluminábanos, para colocalos nos muros dos castros. A noite de Samaín baleiraban as cabazas e no oco interno colocaban carbón ardente para alumar o regreso dos defuntos ao mundo dos vivos, coa intención de recibirlles e, á vez, protexerse dos malos espíritos. Fadas, trasgos e todo tipo de seres feéricos poden camiñar entre nós durante o Samaín, xa que está aberta a porta entre dous mundos.
Dende o Equipo da Biblioteca temos preparada unha nova exposición de libros espeluznantes esperando por ti. Ademais estás convidado a participar no CONCURSO DE RELATOS DE TERROR. Se tes ideas terroríficas para asustar e aterrorizar a todo o instituto, este é o teu concurso. Anímate a participar.

domingo, 24 de outubro de 2021

24 outubro: Día das Bibliotecas

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021. "A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos." Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.

mércores, 6 de outubro de 2021

O RECUNCHO DE... BIOGRAFÍAS.

Convidámosche a que visites o noso recuncho de grandes biografías e coñezas de primeira man a vida do gran Alejandro Magno, Ana Frank, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca ou Alvaro Cunqueiro. Temos unha magnifica selección de libros esperando por ti.
Lembra: non deixes para mañá o que poidas ler hoxe. Esperámosche.