“Aún puedo recordar la disposición,incluso donde estaban ciertas secciones de los libros, los olores y los sonidos. El recuerdo de la biblioteca de mi barrio, aún tiene un sentimiento mágico para mí, este tipo especial de santuario lleno de conocimiento, lleno de historias, todo cubierto de una sensación de tranquila respeto y ensueño”, recorda Jason Motte, director da curtametraxe que vos deixamos aquí. Unha boa maneira de achegarse ás bibliotecas, á escritura, ao amor e tamén á tristeza do paso do tempo.
The Library (A Biblioteca) é a historia de Emily, unha nena de 13 anos, que acude á biblioteca todos os días despois da escola. Un día comeza a recibir notas misteriosas. Ela pensa que pode tratarse dun admirador segredo, se cadra un dos dous rapaces cos que coincide regularmente. As notas corresponden a pasaxes románticos dos vellos libros que vai descubrindo nos andeis . Emily repite estas pasaxes con emoción contida, agardando recibir cada día unha nova nota.