mércores, 21 de decembro de 2022

RECOMENDADOS DE NADAL



No vídeo tedes as nosas recomendacións de Nadal. Disfrutade das merecidas vacacións en compañías das vosas familias e atopade algún ratiño para desconectar coa lectura dalgún dos libros que dende o equipo da biblioteca vos recomendamos. Bo Nadal e Feliz Ano 2023. 

 

martes, 20 de decembro de 2022

EU TAMÉN ESTUDEI NA GUÍA: ARTUR PUGA


Artur Pastoriza Puga naceu en Vigo no ano 1997.
Comezou a bailar aos catro anos en Sárdoma  e despois formou parte do grupo Buxaina, que dirixe hoxe en día.
Imparte clase de baile galego en Ourense, Celanova, Xinzo e Verín e ademais colabora con colexios, institutos, asociacións etc.
Participou no Benidorm Fest acompañando ao grupo Tanxugueiras.





Artur visitou o noso instituto o venres 20 de Decembro. Foi o terceiro convidado do ciclo de entrevistas “Eu tamén estudei na Guía”.

O grupo de voluntariado da biblioteca estivo traballando para coñecer ao personaxe e preparar a entrevista, pero case nin a utilizamos. O encontro ademais de interesante foi entrañable: non estivemos co personaxe senon coa persoa, e a entrevista desapareceu para dar paso a unha charla entre amigos na que ademais de coñecer moito sobre o mundo da danza tradicional e a traxectoria profesional de Artur, coñecemos ao ex alumno que nos falou da súa etapa no instituto e compartiu con nós a súa experiencia do bulling que sufriu. 


Moitas grazas por todo, Artur. Esperamos volver a verte pronto por aquí.