xoves, 18 de marzo de 2021

HORA DE LER NA CARBALLEIRA DA GUÍA

 Hoxe parte da nosa rapazada foi  ó Monte da Guía a facer a súa Hora de Ler en contacto coa natureza. Hai algún sitio mellor para mergullarse na lectura dun apaixoante libro? Estas son algunhas das vantaxes de ter o instituto tan preto desta fermosa carballeira. 

Qué vos parece a iniciativa? Repetimos?





luns, 15 de marzo de 2021

CLUB DE LECTURA MANGA

Reika e Yoko son dúas gamers que pululan por un edificio enorme pero...

Por que elas representan a única esperanza para a humanidade?

Conseguirán este par de heroínas descifrar a mensaxe de Tatami e regresar ao mundo real?

Se queres atopar a resposta a todas estas preguntas...

Vén connosco a club de lectura!

Proximamente na biblioteca durante a hora de ler!!!

 

 


 

luns, 8 de marzo de 2021

8M: DÍA DA MULLER TRABALLADORA.


8 de marzo de 2021

Seguimos na necesidade de loitar pola igualdade. Por iso, o Equipo da Biblioteca tamén celebra o Día Internacional da Muller.

venres, 5 de marzo de 2021

CONCURSO SAN VALENTÍN.



 

Cartel do concurso.

 Este ano, fixemos un concurso diferente. Se pedía enviar unha mensaxe de amor pero nun formato TIC.  Seguro que non será o último concurso de este ano, asi que estade atentos porque dende o equipo da biblioteca imos facer cousas moi interesantes para vós. 

O venres fixemos entrega dun Accésit a ALBORADA REINO, alumna de 3º da ESO. Ela xa ten claro o libro que quere ler, así que mercarémosllo para agradecerlle a súa participación no concurso.