martes, 20 de novembro de 2018

Curso xadrez

Comezou o curso de xadrez a cargo de monitores da Federación Galega de Xadrez. Éxito total entre os pequenos e os non tan pequenos.
Así de ben acompañadas estamos estes días!





luns, 12 de novembro de 2018


Seguimos co reto semanal para coñecer a nosa Biblioteca. Xa estamos na cuarta semana.
Animadevos!



Esta vez tocoulle ao Departamento de Economía:

1.     Quen deseñou o logotipo da marca CHUPA CHUPS?
2.     Quen foi o fundador da compañia? Onde se fundou? En            cantos paises opera na actualidade?
3.     En que consiste o produto? Que necesidade satisface?