luns, 11 de marzo de 2019

Principio de incerteza

Hoxe foi un día de festa no noso Club de narrativa. Tivemos a sorte de contar coa presencia da autora, Pilar Ortega, profesora do noso insti. Un luxo que aproveitamos pasandoo moi ben!


venres, 8 de marzo de 2019

8 de marzo

Aproveitamos este 8 de marzo para romper algúns estereotipos creados polas princesas dos contos Disney. Da man da fotógrafa Dina Goldstein reescribimos co alumnado do ESO outros finais diferentes. Aquí deixamos unha pequena mostra da exposición.