Benvidos ó noso blog da biblioteca para celebrar un DÍA DO LIBRO 2020 moi especial, porque non estamos preto fisicamente uns dos outros, e con todo, sentimos que a través dos libros podemos viaxar xuntos, soñar xuntos e voar lonxe das nosas casas.
Se alguén sabe o que é estar confinada, esa é a nosa alumna de 4º ESO, NOEMÍ PIÑEIRO SILVA. Enviounos esta fermosa montaxe e non nos queda outra que publicala e compartila con todos vós, porque se ela pode quedar na casa, nós tamén podemos. E que mellor compañía que todos eses libros que seguro levan agardando tanto tempo a que lles botedes unha ollada e vos mergullades nas súas apaixoantes páxinas.
Grazas Noemí, por ler tanto e soñar tanto. Botámoste de menos.
É a vós, tamén vos botamos de menos. Xa queda pouco. Mentres tanto, quedade na casa. Dende o equipo da biblioteca de IES A GUÍA, desexamos que tanto vós coma as vosas familias esteades ben.
(Vídeo cedido polo Departamento de Lingua Castelá. )