En tempos de pandemia e
confinados nos nosos fogares, non podemos deixar de celebrar a primavera das
letras. Este ano dedicámoslle o día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho
Calero, crítico literario, filólogo, historiador da literatura galega, lingüista,
novelista e o primeiro catedrático da Lingua e Literatura Galega da
Universidade de Compostela. Cultivou todos os xéneros literarios con
brillantez. No entanto, foi a poesía o xénero co que se iniciou na literatura e
que practicou ao longo de toda a súa vida. Considerouse a si mesmo como
escritor e ante todo poeta.
Unha das frases célebres de Carvalho Calero di
así:
“Eu
desexaría unhas
primaveras
nas que
florescese
sen receios
a unidade
e variedade
do noso
idioma e da nosa
cultura”.
Ogallá o seu desexo se
cumpra!!! Por iso, este 17 de maio imos ler a carta aberta a Ricardo Carvalho
Calero de María do Pilar García Negro que di: Somos galegas e galegos. A mellor forma de que esta condición se
exteriorice, de que non se disimule, de que se admita coa necesaria
naturalidade e orgullo, é a práctica da nosa lingua.