mércores, 28 de outubro de 2020
mércores, 21 de outubro de 2020
luns, 19 de outubro de 2020
venres, 9 de outubro de 2020
Louise Glück gana o premio Nobel de Literatura 2020
Tras un par de anos un tanto irregulares, coa suspensión do galardón en 2018 por varios escándalos e a entrega por partida dobre o ano pasado, esta edición do Nobel de Literatura recupera o seu formato habitual, a pesar de que por causa do coronavirus non poderá celebrarse a tradicional cerimonia de entrega. Así, a poeta estadounidense Louise Glück, a gañadora deste ano, recibirá en decembro no seu país un premio que o xurado da Academia sueca outórgalle por «a súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual».
A poeta estadounidense Louise Glück naceu en 1943 en Nova York e vive en Cambridge, Massachusetts. Á parte dos seus escritos, é profesora de inglés na Universidade de Yale, New Haven, Connecticut. Debutou en 1968 con Firstborn e pronto foi aclamada como unha dos poetas máis destacadas da literatura contemporánea estadounidense. Recibiu varios premios de prestixio, entre eles o Pulitzer 1993 e o National Book Award en 2014.
Entre as súas publicacións destacan doce poemarios e algúns volumes de ensaios sobre poesía. Todos se caracterizan pola procura de claridade. A infancia e a vida familiar, a estreita relación con pais e irmáns, é unha temática que seguiu sendo central para ela. Glück busca o universal, e niso inspírase nos mitos e motivos clásicos, presentes na maioría das súas obras, máscaras dun eu en transformación, tan persoal como universalmente válido.
Algúns dos seus libros son:
- VITA NOVA, poemario escrito en 1999 no que a escritora celebra as incertezas dos mozos, centrándose na nenez, apoiada de recursos clásicos como os mitos para plasmar incribles versos sobre amores imposibles e inocencia.
- EL IRIS SALVAJE, un libro de poesía de 1992 co que Louise Glück recibiu o premio Pulitzer en 1993.
- AARAT. Trátase dun poemario no que Glück retrata as paixóns máis íntimas e dolorosas do ser humano como o rexeitamento, e co que texto a texto conta unha historia.
Louise Glück escribiu poemas tan belos coma este:
Amante de las flores
En nuestra
familia, todos aman las flores.
Por eso las tumbas nos parecen tan extrañas:
sin flores, sólo herméticas fincas de hierba
con placas de granito en el centro:
las inscripciones suaves, la leve hondura de las letras
llena de mugre algunas veces…
Para limpiarlas, hay que usar el pañuelo.
Pero en mi
hermana, la cosa es distinta:
una obsesión. Los domingos se sienta en el porche de mi madre
a leer catálogos. Cada otoño, siembra bulbos junto a los escalones de
ladrillo.
Cada primavera, espera las flores.
Nadie discute por los gastos. Se sobreentiende
que es mi madre quien paga; después de todo,
es su jardín y cada flor
es para mi padre. Ambas ven
la casa como su auténtica tumba.
No todo
prospera en Long Island.
El verano es, a veces, muy caluroso,
y a veces, un aguacero echa por tierra las flores.
Así murieron las amapolas, en un día tan sólo,
eran tan frágiles…
xoves, 1 de outubro de 2020
ATA SEMPRE QUINO
" PAREN O MUNDO QUE ME QUERO BAIXAR"