xoves, 28 de outubro de 2021
SAMAÍN
Achégase a noite do 31 de outubro. O Samaín forma parte da tradición máis
enraizada e enxebre da nosa terra.
Eran os druídas os encargados de celebrar a festa celta para honrar aos
devanceiros, a través de numerosos ritos.
Moito antes de que nas hortas galegas houbese cabazas, en Samaín as poboacións
célticas collían as caveiras dos seus inimigos mortos na batalla e iluminábanos,
para colocalos nos muros dos castros. A noite de Samaín baleiraban as cabazas e
no oco interno colocaban carbón ardente para alumar o regreso dos defuntos ao
mundo dos vivos, coa intención de recibirlles e, á vez, protexerse dos malos
espíritos. Fadas, trasgos e todo tipo de seres feéricos poden camiñar entre nós
durante o Samaín, xa que está aberta a porta entre dous mundos.
Dende o Equipo da Biblioteca temos preparada unha nova exposición de libros
espeluznantes esperando por ti. Ademais estás convidado a participar no CONCURSO
DE RELATOS DE TERROR.
Se tes ideas terroríficas para asustar e aterrorizar a todo
o instituto, este é o teu concurso. Anímate a participar.
domingo, 24 de outubro de 2021
24 outubro: Día das Bibliotecas
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021. "A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.
mércores, 6 de outubro de 2021
O RECUNCHO DE... BIOGRAFÍAS.
Convidámosche a que visites o noso recuncho de grandes biografías e coñezas de
primeira man a vida do gran Alejandro Magno, Ana Frank, Emilia Pardo Bazán,
Federico García Lorca ou Alvaro Cunqueiro. Temos unha magnifica selección de libros
esperando por ti.
Lembra: non deixes para mañá o que poidas ler hoxe.
Esperámosche.
martes, 5 de outubro de 2021
Xa estamos de volta...
Dende o departamento da Biblioteca queremos darvos a benvida a un novo curso que desexamos sexa máis doado e menos convulso co derradeiro.
Xa sabedes co servizo de préstamo de libros tédelo aberto durante os recreos. Este ano, tamén tedes a posibilidade de visitar o noso recuncho de xogos cas medidas de hixiene e protocolo Covid pertinentes. Tedes habilitada tamén a zona de consulta, lectura e divulgación onde atoparedes equipos informáticos, portátiles e tablets a vosa disposición. De novo voltamos co club de lectura, coordinado por Sophie Rioult, que vos irá informando das lecturas que se van levar a cabo...
En definitiva temos preparadas moitas novidades, concursos, exposicións... asi que estade moi atentos ó noso blog. Non nos perdades de vista. Xa estamos de volta...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)