xoves, 25 de novembro de 2021

25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Defínese a violencia de xénero , “como a manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres”, e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.”
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres celébrase o 25 de novembro en recordo do asasinato das irmás Mirabal, coñecidas como ‘LAS MARIPOSAS’, tres activistas dominicanas contra o réxime de Rafael Trujillo no ano 1960.
Sería posteriormente, en 1999, cando a ONU pedise que o 25 de novembro fose recoñecido en todo o mundo como unha xornada de reivindicación en contra da violencia de xénero.
Dende o Equipo da Biblioteca do IES A Guía unímonos a cadea de repulsa contra calqueira forma de violencia de xénero. Pensamos que xa abonda de minutos de medo, de humillación, de dor e de silencio. Temos dereito a que todos os minutos sexan de liberdade, de felicidade, de amor e de vida. Non queremos ser cómplices de situacións de violencia de xénero senón gardiáns das vítimas. NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO.