venres, 26 de xuño de 2020

IMOS INDO.




Xa está rematado o curso 19/20 no que sen dúbida houbo moitos cambios para todos e todas, pero o que non pode cambiar é o pracer da ler, por iso o noso alumnado do IES A GUÍA quere compartir con todos nós algunhas das actividades de animación á lectura nas que estiveron a traballar como vídeos, audios e imaxes. Bo verán!!!

 


LER FAITE SOÑAR. Imaxes de Noelia Calabresi, alumna de 1º bacharelato.










Estas son algunhas das nosas recomendacións. 

  • A POMBA E O DEGOLADO. ( Fina Casalderrey)
  •    
    Vídeo de Antía Ballesteros, alumna de 3º ESO.
     
    Vídeo de Ainé Chao, alumna de 1º bacharelato.



  • CHAMÁDEME SIMBAD ( Francisco Castro)
   Texto de Miguel Suárez Pita, alumno de 1º ESO.

  • A XERACIÓN PERDIDA. (Francisco Castro). 
    Vídeo de Marcos Portela, alumno de 1º bacharelato.
 



martes, 26 de maio de 2020

LECTURA ON LINE



Ola rapaces e rapazas!
Dende a blog da biblioteca do IES A GUÍA queremos recomendarvos páxinas onde podedes atopar libros para ler on line. Que mellor forma de pasar o voso tempo libre, que mergullados na lectura de todos eses libros de aventuras, terror, suspense, historia, romántica, poesía, novela negra... Lembrade que LER DÁ ÁS, e eu engadiría máis LER FAITE SOÑAR.



Deixámosvos algúns enlaces onde podedes atopar lecturas apaixoantes para pasar o verán:
https://keepandreadencasa.planetadelibros.com
https://booknet.com
https://www.galiciale.gal
https://www.casadellibro.com/libros-ebooks-gratis

 

domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020.




En tempos de pandemia e confinados nos nosos fogares, non podemos deixar de celebrar a primavera das letras. Este ano dedicámoslle o día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, crítico literario, filólogo, historiador da literatura galega, lingüista, novelista e o primeiro catedrático da Lingua e Literatura Galega da Universidade de Compostela. Cultivou todos os xéneros literarios con brillantez. No entanto, foi a poesía o xénero co que se iniciou na literatura e que practicou ao longo de toda a súa vida. Considerouse a si mesmo como escritor e ante todo poeta.


Unha das frases célebres de Carvalho Calero di así:

“Eu desexaría unhas
primaveras nas que
florescese sen receios
a unidade e variedade
do noso idioma e da nosa
cultura”.

Ogallá o seu desexo se cumpra!!! Por iso, este 17 de maio imos ler a carta aberta a Ricardo Carvalho Calero de María do Pilar García Negro que di:  Somos galegas e galegos. A mellor forma de que esta condición se exteriorice, de que non se disimule, de que se admita coa necesaria naturalidade e orgullo, é a práctica da nosa lingua.