luns, 19 de xuño de 2017

Carlos Casares e o Mail Art



 
   

Que é a arte postal?
Mail Art ou arte postal é a denominación que se utiliza para designar unha orixinal actividade artística que utiliza como medio de expresión a distribución postal.
Estes envíos postais poden ser mensaxes, colaxes, obxectos, consignas ou poemas que se dirixen a un amplo público, moitas veces descoñecido polo autor, que pretende con iso saírse das vías tradicionais de distribución da arte. Ese carácter crítico, que pretende minar o monopolio das galerías e do mercado da arte como vías de difusión do mesmo establecido pola sociedade de consumo, esténdese a conceptos máis amplos, como pode ser a manipulación da información que sofre a sociedade desenvolvida. En 1962 Ray Jonson funda a New York Correspondance School of Art, que dará un impulso ao movemento, do que participaron principalmente artistas conceptuais, como On Kawara, e membros de Fluxus, como Robert Watts e Ben Vautier. A rede de intercambios chegou a ter un volume considerable, especialmente na década do sesenta, xa que foi utilizada como medio de expresión das artistas feministas. A partir de 1970 sucédense as súas exposicións. Un ano despois prodúcese a confirmación desta corrente no seo da Bienal de París.







En que consiste o proxecto?

O proxecto preséntase desde Dinamización Lingüística en colaboración co departamento de Plástica, xa que o alumnado vén de realizar unhas postais individuais nas que empregaron distintas técnicas artísticas para destacar, a partir da escrita e a pintura, a figura de Carlos Casares.
Se a Arte Postal é un movemento planetario de intercambio e comunicación a través do medio postal, a canle é parte integrante desta tendencia artística pois forma parte dela, que é moito máis que un simple intercambio de arte a través do correo, pois é sobre todo comunicación. Ambos aspectos, arte e comunicación fúndense no envío postal, primando en cada ocasión e dependendo de cada peza realizada.
O alumnado do IES A GUÍA e outros institutos galegos realizaron diferentes postais que foron enviadas a través do correo ordinario ó noso centro para facer unha exposición. Permanecerá uns días aquí e viaxará tamén ós outros centros participantes co obxectivo de xerar unha importante canle de difusión sobre a figura e a obra de Casares.


 
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario