O vigués Antonio García Teijeiro obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil na súa edición 2017 pola súa obra “Poemar o mar” escrita en galego.
O galardón o concede o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2016. A dotación económica do premio é de 20.000 euros.
O Xurado decidíu premiar ao autor e á súa obra “por ser un libro cargado de emoción, con una brillante elección léxica, donde el mar es el gran protagonista, poblado de criaturas que transitan por originales y sugerentes composiciones poéticas”.
Antonio Manuel García Teijeiro (Vigo, 1952) é uno dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura e creación literaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario