O alumnado de 3º e 4º da ESO IES A GUÍA quixo render unha homenaxe e ó mesmo tempo despedirse desta xoia literaria e musical, que estivo connosco ata hai uns días : O PERGAMIÑO VINDEL
Con este motivo desenvolveuse unha actividade interdisciplinar na biblioteca do noso centro na que participaron:Música, Artes Escénicas, Lingua e Literatura Galega, Xeografía e Historia e Educación Plástica. Logo de ambientar o espazo ó estilo da época con libros e pendóns, traballado en Plástica, trasladámonos á historia de Vigo da Idade Media e deseguido explicouse, desde o punto de vista lingüístico e literario, a orixe do pergamiño e a temática e forma das cantigas de amigo do noso trobador Martin Codax. Os alumnos/as de Música e Artes Escénicas achegaron información desde o punto de vista musical, interpretaron unha das cantigas e bailaron unha danza medieval. Para rematarmos o acto, os nosos alumnos convertéronse por un momento en xograres e leron dúas cantigas orixinais e outras realizadas por eles mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario