venres, 29 de xaneiro de 2021

RECOMENDANDO CLÁSICOS...

 
 
 Os clásicos molan: Aquí tedes algunhas recomendacións dos estudantes de Literatura Universal de 1º de Bacharelato para que vexas que os clásicos nunca morren.
 
 
 
 


Antía Salvatore fala sobre "Cumbres Borrascosas" de Emily Brontë.

 


  Majo Cruz fala sobre Edgar Allan Poe.

 


 Noelia González Carreira fala sobre "Guerra y Paz " de Tolstoi.

 

E finalmente, Gabriel Pellón, recoméndanos Moby Dick, novela de Herman Melville. 




 

(Vídeos cedidos polo Departamento de Lingua Castelá)


 

 

martes, 26 de xaneiro de 2021

27 XANEIRO: DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO.



 O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en 1945 do campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau polas tropas soviéticas. A UNESCO establece o 27 de xaneiro como Día Internacional de Conmemoración do Holocausto para render tributo á memoria das vítimas do Holocausto co compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e toda forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos.

Na biblioteca temos unha selección de lecturas que che permitirán afondar no tema. 

visítanos.