O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en 1945 do campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau polas tropas soviéticas. A UNESCO establece o 27 de xaneiro como Día Internacional de Conmemoración do Holocausto para render tributo á memoria das vítimas do Holocausto co compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e toda forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos.
Na biblioteca temos unha selección de lecturas que che permitirán afondar no tema.
visítanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario