O Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia,
celébrase o 17 de maio de cada ano para denunciar a discriminación da
cal son obxecto todas as persoas con preferencias sexuais diferentes ás
convencionais como é o caso dos homosexuais, os transexuais, os
bisexuais, as lesbianas e os queers en todo o mundo.
En 2021, o tema elixido para a campaña é "Xuntos: resistindo, apoiando,sanando", nunha clara referencia ao contexto actual de recuperación da pandemia de COVID-19.
Desde o equipo da biblioteca promovemos a tolerancia e a non
discriminación destes colectivos e convidámosche a que visites o noso
recuncho. Temos unha exposición preparada para ti.
STOP LGTBIFOBIA.