Xela Arias, a poeta rebelde que derrubou convencións para construír a súa independencia.
“
|
Compártome
Sei que no lonxe das parábolas das frases
Cortadas e os puntos a parte son só
Medos escorrentados polo teu corpo
Soberano dunha idea poderosa que
Tal vez suceda e eu non saiba quen es ti
Cando te agardo.
|
”
|
—Xela Arias, Denuncia do equilibrio (1986, Xerais). |
“
|
Dei volta e preferín
beber
pola cidade adiante, nas horas á noite,
mentres ti morres cando dormes.
|
”
|
—Xela Arias, Tigres coma cabalos (1990, Xerais). |
Deuse a coñecer en 1986 con 'Denuncia do equilibrio', finalista do Premio Losada Diéguez. Tamén foi finalista do Premio Esquío con ' Lili sen pistolas', un libro que aínda hoxe permanece inédito. Posteriormente publicou 'Tigres coma cabalos' (1990), 'Darío a diario' (1996) e ' Intempériome' (2003). Ademais, participou en libros colectivos como 'Palabra de muller' (1992), 'Rosalía na palabra de once poetas galegas' (1997) e ' Daquelas que cantan' (Fundación Rosalía de Castro, 2000).
DARÍO A DIARIO
Darío a diario.
Invasión que se me convén fantástica.
Invasión sen ocasión.
Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns,
de roupiñas pequenas e xoguetes de colores,
de risas, choros,agarimos,agarimos.
Darío a diario.
A túa man ocupa un cuarto da miña xigante,
por iso detesto un pouco tantas palabras.
Todas para ti, ¡son a raíña parlante!,
¡emperatriz de sons guturais en diante!
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas,coma min, saben que es único.
Ningún comentario:
Publicar un comentario