domingo, 13 de novembro de 2022

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO


 

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres."
 
 José Tubío, profesor, investigador e divulgador na USC
 
 
 
 
 
O equipo da  biblioteca do IES A Guía é consciente da necesidade de divulgar o coñecemento científico a través dos libros. Por iso, tedes a vosa disposición unha espléndida colección deles ademais de instrumentos científicos que te levarán por momentos o mais sofisticado laboratorio. 
 
 





 O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" dende as nosas bibliotecas escolares.
 
 

 
 
 
Non deixedes de visitarnos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario