mércores, 16 de maio de 2018

Pergamiño Vindel

O alumnado de 3º e 4º da ESO  IES A GUÍA  quixo render unha homenaxe e ó mesmo tempo despedirse desta xoia literaria e musical, que estivo connosco ata hai uns días : O PERGAMIÑO VINDEL
Con este motivo desenvolveuse unha actividade interdisciplinar na biblioteca do noso centro na que participaron:Música, Artes Escénicas, Lingua e Literatura Galega, Xeografía e Historia e Educación Plástica. Logo de ambientar o espazo ó estilo da época con libros e pendóns, traballado en Plástica, trasladámonos á historia de Vigo da Idade Media e deseguido explicouse, desde o punto de vista lingüístico e literario, a orixe do pergamiño e a temática e forma das cantigas de amigo do noso trobador Martin Codax.  Os alumnos/as de Música e  Artes Escénicas achegaron información desde o punto de vista musical, interpretaron unha das cantigas e bailaron unha danza medieval. Para rematarmos o acto, os nosos alumnos convertéronse por un momento en xograres e leron dúas cantigas orixinais e outras realizadas por eles mesmos.




martes, 15 de maio de 2018

Concurso Día do Libro 2018



Pedro Castro de 4º do ESO A foi o gañador do Concurso de carteis que organizamos o Día do Libro para proponer e recomendar unha lectura. A sus elección foi  Frahrenheit 451 de Ray Bradbury


Deixamos tamén os outros finalistas


martes, 24 de abril de 2018

Día do libro


 Esta vez puxémonos nostálxicas. Para celebrar o Día do Libro rescatamos exemplares antigos dos nosos fondos. Unha maravilla difícil de atopar hoxe en día.
(Gracias a Fran, o noso orientador, por estas fotos tan vintage).







luns, 9 de abril de 2018

Torneo de xadrez



Organizado pola Biblioteca, o Departamento de Normalización Lingüística e coa colaboración da Federación Galega de Xadrez celebrouse o pasado marzo o primeiro Torneo de Xadrez IES a Guía.
Tivemos afluencia masiva e ambientazo nos recreos. 




 A cousa estivo reñida pero finalmente aquí están os tres primeros clasificados:

Xaquin Amiama de 4º ESO A

Anxo Abandonado de 2º de Bach. B

Matías Ezequiel Calabresi


 Noraboa a todos!



martes, 6 de marzo de 2018

Mulleres que sempre estiveron


Dende a Biblioteca quixemos facer unha homenaxe a mulleres importantes de todas as épocas: escritoras, xornalistas, científicas, pintoras, deportistas, músicas, activistas, inxeñeiras, médicas...
Mulleres que, a pesar dos seus logros, quedaron esquecidas ou borradas da Historia. Este é un xeito de lembralas  e visibilizar o seu traballo.
As siluetas anónimas que verás espalladas polo centro mostran detrás a identidade de todas elas.









xoves, 1 de febreiro de 2018