xoves, 28 de outubro de 2021
SAMAÍN
domingo, 24 de outubro de 2021
24 outubro: Día das Bibliotecas
mércores, 6 de outubro de 2021
O RECUNCHO DE... BIOGRAFÍAS.
martes, 5 de outubro de 2021
Xa estamos de volta...
luns, 28 de xuño de 2021
RECOMENDADOS PARA O VERÁN
Despois dun ano intenso condicionado pola pandemia que estamos a vivir, chegamos ata aquí. Dende o equipo da biblioteca recomendámosvos estas lecturas para que vos relaxedes en verán. Unha aperta e feliz descanso.
Las doncellas. Alex Michaelides.
Todo Mafalda. Quino.
A proba da auga.
El olvido que seremos. Héctor Abad Faciolince.
Negra. Emilie Plateau.
O infinito nun xunco. Irene Vallejo.
Unha noite no tren da vía láctea. Kenji Miyazawa.
Cartas de las heroínas. Ovidio.
Palestina. Joe Sacco.
Los miserables. Victor Hugo.
O EQUIPO DA BIBLIOTECA do IES A GUÍA deséxavos unhas felices vacacións.
Voltamos en septembro.
mércores, 23 de xuño de 2021
CONCURSO TRAILER LITERARIO
As nosas gañadoras do concurso de Trailer Literario foron:
CATEGORÍA ESO.
1º PREMIO: Carmela García Losada ( 1º ESO A)
2º PREMIO: Yara Fernández Agudín e Claudia Paz Rodríguez. ( 1º ESO B)
CATEGORÍA: BACHARELATO.
1º PREMIO: Andrea García Gómez. ( 1º BAC B)
2º PREMIO: Paula Martínez Jiménez e María José Cruz Gómez ( 1º BAC A)
3º PREMIO: Antía Salvatore Ochoa e Sara Somoza Peleteiro ( 1º BAC A)
venres, 14 de maio de 2021
STOP LGTBIFOBIA.
O Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia,
celébrase o 17 de maio de cada ano para denunciar a discriminación da
cal son obxecto todas as persoas con preferencias sexuais diferentes ás
convencionais como é o caso dos homosexuais, os transexuais, os
bisexuais, as lesbianas e os queers en todo o mundo.
En 2021, o tema elixido para a campaña é "Xuntos: resistindo, apoiando,sanando", nunha clara referencia ao contexto actual de recuperación da pandemia de COVID-19.
Desde o equipo da biblioteca promovemos a tolerancia e a non
discriminación destes colectivos e convidámosche a que visites o noso
recuncho. Temos unha exposición preparada para ti.
STOP LGTBIFOBIA.
LETRAS GALEGAS 21: XELA ARIAS.
“ | Compártome |
” |
—Xela Arias, Denuncia do equilibrio (1986, Xerais). |
DARÍO A DIARIO
Darío a diario.
Invasión que se me convén fantástica.
Invasión sen ocasión.
Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns,
de roupiñas pequenas e xoguetes de colores,
de risas, choros,agarimos,agarimos.
Darío a diario.
A túa man ocupa un cuarto da miña xigante,
por iso detesto un pouco tantas palabras.
Todas para ti, ¡son a raíña parlante!,
¡emperatriz de sons guturais en diante!
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas,coma min, saben que es único.
luns, 3 de maio de 2021
O RECUNCHO DE...ÁLBUM ILUSTRADO
Convidámosche a que nos visites na biblioteca do teu instituto para amosarche o noso recuncho.
Temos unha nova exposición preparada para ti sobre ÁLBUM ILUSTRADO.
Lembra que podes coller o libro que queiras e levalo para a túa casa durante 15 días.
¡ VISÍTANOS!
BIBLIOTECA IES A GUÍA.
venres, 30 de abril de 2021
“Género Queer”
Maia Kobabe narra nesta autobiografía catártica o que significa ser non binario e
asexual. A viaxe para descubrir a súa verdadeira identidade na que relata a confusión
dos amores adolescentes, a loita por saír do armario, os amigos que fixo escribindo
fanfiction gay ou o trauma de ir ao xinecólogo.
Género Queer é algo máis que a súa historia, é unha guía esencial sobre xénero para
aliados, amigos e humanos en todas partes.
Maia Kobabe graduouse no California College of the Arts cunha licenciatura en banda
deseñada.
Con Gender Queer gañou un premio Alex, o Stonewall Book Award e foi nomeada
a outros premios. Maia non é binario, queer e usa o pronom
venres, 23 de abril de 2021
23 de abril. Día do libro.
O equipo da biblioteca do IES A Guía celebra o día do libro. Este ano, se cabe, con mais énfase, tendo en conta que son poucas as cosas que podemos celebrar con vós.
Inaguramos unha exposición temporal de novela policíaca no noso recuncho. Convidámosvos a que a visitedes. Estes e mais títulos están esperando por vós, para que a paixón pola lectura non decaia.