O Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra anualmente o 10 de outubro, ten como obxectivo concienciar acerca dos problemas de saúde mental en todo o mundo.
A saúde mental infanto-xuvenil é unha das principais materias pendentes da sanidade española que é urxente mellorar. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), no mundo, unha de cada sete persoas mozas de 10 a 19 anos padece algún trastorno mental.
A educación emocional é unha das pezas crave para fomentar a saúde mental desde as primeiras etapas da vida. Pero, ademais, existen unha serie de factores de risco que inflúen na saúde mental de nenas, nenos, adolescentes e mozos como son ser vítima de abusos sexuais, de acoso escolar ou ciberbullyng, o xénero, as expectativas sobre o emprego ou o cambio climático, as adiccións con ou sen substancia, a soidade non desexada, ser migrante ou sobrevivir a un conflito bélico.
Lembrade sempre que tedes dereito a crecer en benestar e non vos esquezades nunca que se pode pedir axuda ós maiores se deixades de sentirvos ben convosco.
Desde o Equipo da Biblioteca do teu instituto convidámosche a que visites a exposición de libros relacionados co tema que vos preparamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario