luns, 17 de outubro de 2022

17 OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS.


 
 
O Día das Escritoras celébrase desde o ano 2016, por mor dunha iniciativa emprendida pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias e a Asociación Clásicas e Modernas, o primeiro luns posterior á celebración da festividade de Teresa de Jesús. En 2022 coincide co 17 de outubro. O lema deste ano é 'Antes, durante e despois das guerras'
 
 
 
Dende o Equipo da Biblioteca do voso instituto queremos reivindicar o labor e a traxectoria das escritoras, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia.  Habería que preguntarse a razón pola que nos séculos XVIII e XIX moitas delas ocultábanse tras un pseudónimo masculino. Ou o que motiva que, a día de hoxe, siga habendo mulleres que publican baixo siglas ambiguas, J. K. Rowling (Joanne Rowling) e R. J. Palacio (Raquel Jaramillo Palacio) entre outras.


“Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. 
 
Lembrade que no voso centro, tedes a unha maravillosa escritora galega, a vosa profesora de Tecnoloxía: Pilar Ortega,  con moitos libros publicados, algún dos cales tédelos a vosa disposición na biblioteca.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario